A Coruña 10-02-2006

 

Querida muller X,

A primeira vez que te vin case vomito, pero iso fora por unha comida que me sentara mal e que non ven a conto, pero entre arcada e arcada puiden comprobar que os teus ollos que me miraban como se fose o ser máis inmundo do mundo, eran dunha cor tan intensa, que tiña a necesidade de pór lentes de sol para que a túa beleza non me cegara.

      Nunca tiven a coraxe de decirte o que sinto por ti, e por iso prefiro escribirche unha

carta para disimular un pouco a miña cobardía.

O que sempre che quixen dicir é que cada vez que camiñas a miña cabeza segue o ritmo das túas cadeiras, que cada vez que o teu pelo ondula ó vento teño ganas de ser o teu perruqueiro, que cando falas con alguen gustaríame ser esa persoa.

      Por todo isto que sinto por ti, prométoche aínda que sexa cambiar de cara, facer

máis exercico, pero teñirme o pelo nunca.

Finalmente este contrato consta duns últimos puntos que son:

-Sempre terás que estar pendente de mín.

-Nunca poderás estar pendente de outro.

-Nunca poderás deixarme.

Seguidamente para a aceptación do contrato, firme no espazo previsto para iso que está situado xusto debaixo.

 

Firma:

 

Un bico de

E. Codesido

 

P.D.:En caso de rexeitamento dos términos do contrato, prégo11e facer uso do servicio de reclamación á seguinte páxina web: www.quérotemoito_nonmedeixesporfavor.com.

 

Nota do webmaster: A páxina pode non existir