[Palaestragax] Liga de Outono

Asociación Galega de Axedrecistas correo en agax.org
Vie Nov 21 04:59:16 CET 2008


Os dous próximos sábados.

LIGA DE OUTONO DE XADREZ - 2008

            En 1992, ASENCUDEGA creou a chamada Liga de Outono de xadrez. Se 
buscaba unha competición que servise de preparación aos equipos que en 
xaneiro empezan a competición galega. A Liga xogarase a un ritmo de trinta 
minutos por xogador.

BASES.

Primeira: A proba é por equipos de 4 xogadores.

            Segunda: O ritmo de xogo vai ser o de trinta minutos a finish 
para cada xogador.

            Terceira: Será obrigatorio anotar ata os últimos cinco minutos.

Cuarta: Haberá tres fases clasificatorias e unha fase final.

A Coruña: 22 e 29 de novembro. Véase abaixo organización.
Vigo: por determinar.
Santiago: por determinar.

Quinta: A fase final disputarase en data el lugar a decidir ó remate das 
fases locais. Concorrerán a esta Fase final os campións de cada fase previa 
e o segundo clasificado da sede con mais equipos participantes.

Sexta: A entrega dos  premios e trofeos terá lugar ó remate da última rolda 
de cada fase.
Premios fase local:
1º Clasificado: Trofeo + 120 ? Tarjeta regalo del C. Inglés
2º Clasificado: Trofeo + 80 ? Tarjeta regalo del C. Inglés
3º Clasificado: Trofeo + 40 ? Tarjeta regalo del C. Inglés
Premios fase final:
1º Clasificado: Trofeo + 250 ? Tarjeta regalo del C. Inglés
2º Clasificado: Trofeo + 200 ? Tarjeta regalo del C. Inglés
3º Clasificado: Trofeo + 150 ? Tarjeta regalo del C. Inglés
4º Clasificado: Trofeo + 100 ? Tarjeta regalo del C. Inglés
            Tódolos participantes recibirán un pequeno agasallo de recordo 
da actividade.


Sétima: O sistema de xogo na fase Final será o de Liga dacordo co seguinte 
horario:
17,00: 1ª Rolda
18,15: 2ª Rolda
19,30: 3º Rolda
20,45: Entrega de premios
As fases clasificatorias poderán optar por sistema de liga se o tempo e o 
número de equipos inscritos o permite.

            Oitava: No caso de empate empregarase o resultado particular e 
neste o sistema holandés ata as últimas consecuencias, incluíndo a cor das 
partidas como desempate final. Se aínda así non se resolvera acudiríase a un 
match a partidas rápidas.

            Novena: O sorteo das eliminatorias realizarase media hora antes 
do inicio da fase final e cinco minutos antes nas fases previas.

Décima: Os clubes interesados se inscribirán diante dos organizadores locais 
ou ven en correo en agax.org.


Disposición do Torneo na Coruña.

Segundo número de inscritos (presentes sábado 22 ás 17,30 na Sala de Ámbito 
Cultural de El Corte Inglés). Máximo 8 equipos.

4 equipos:    Liga a dobre volta.
                        Sábado 22 partidas ás 17,30 - 18,45 - 20,00
                        Sábado 29 partidas ás 17,30 - 18,45 - 20,00

5/6 equipos:            Liga a unha volta.
                        Sábado 22 partidas ás 17,30 - 18,45 - 20,00
                        Sábado 29 partidas ás 17,30 - 18,45

7/8 equipos:            Liga a unha volta.
                        Sábado 22 partidas ás 17,30 - 18,45 - 20,00
                        Sábado 29 partidas ás 17,00 - 18,15 - 19,30 - 20,45





 




Más información sobre la lista de distribución Palaestragax