[Palaestragax] Cousas varias
Asociación Palaestra
palaestra en palaestra.net
Vie Oct 24 05:15:05 CEST 2008
Traballando nos espazos webs.
A Asociación Palaestra está mellorando a súa presncia na rede, estando agora a súa páxina en tres servidores distintos segundo os dominios teñan a extensión .net, .org, .eu ou .es.
Deste xeito ante a caída dun dos servidores a sociedade seguirá presente no resto.
----------
Colabora co noso Boletín e actividades dos venres
Estamos a preparar o boletín da sociedade. Estamos abertos a cousas que incluír no mesmo.
Ademais convocamos un urxente premio fotográfico para ilustrar este boletín.
----------
Aínda que non será ata novembro que teñamos actividades no CUR, imos ir realizando novas actividades os venres baixo o nome de "venres lúdicos"... infórmate semanalmente do que se programa e danos tamén a túa opinión.
----------
Seguindo coas actividades lúdicas temos que preparar un xogo de preguntas en galego. ¿Queres colaborar? Pois infórmate na web de como facelo.
----------
E por último tamén está no web o impreso de afiliación para Palaestra.
Agasallo para os novos socios e tamén para aqueles que domicilien o pago.
----------
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://palaestra.net/pipermail/palaestragax_palaestra.net/attachments/20081024/34a2ebd3/attachment.html
Más información sobre la lista de distribución Palaestragax