[Palaestragax] Torneos de Xadrez nas Festividades do Rosario

Asociación Galega de Axedrecistas correo en agax.org
Mie Oct 8 04:25:02 CEST 2008


PORTO GAÑA O ''III MATCH CORUÑA - PORTO''

O equipo representante da cidade de Porto gañou o "III Match Coruña - 
Porto". O Torneo que enfronta a xogadores universitarios e sub18 de ámbalas 
dúas cidades, celebrábase por segunda ocasión na Coruña. Como xa aconteceu 
nas anteriores edicións o equipo visitante logrou a victoria.

BRUNO FIGUEREDO GAÑA O INTERNACIONAL DE RAPIDAS
Aproveitando a celebración do III Match Coruña - Porto, celebrouse o Torneo 
Internacional de Rápidas onde o gañador foi Bruno Figueredo, un dos 
acompañantes do equipo de Porto.

RICARDO MARGARIDO GAÑA O VIRXE DO ROSARIO
Tamén foi portugués o vencedor do Torneo Virxe do Rosario: Ricardo Margarido 
gañou a edición anual, totalizando 4,5 puntos do total dos 5 posibles.
Francisco Mateus empatou co primeiro clasificado en puntos e na partida 
final, pero Margarido gañou polo sistema de desempate.
Bruno Figueredo que o día anterior gañara o Torneo Internacional de Rápidas 
ocupou a tercera praza.

Máis infomación en www.agax.org
 




Más información sobre la lista de distribución Palaestragax