[Palaestragax] LIGA DE PRIMAVERA DE XADREZ
Asociación Palaestra
palaestra en palaestra.net
Jue Mayo 29 01:48:33 CEST 2008
Organiza: Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia.
Patrocina: El Corte Inglés
BASES DE COMPETICION.
A Liga de Primavera de Xadrez é unha competición promovida pola Asociación
de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (federación de entidades de
ámbito galego).
BASES DA LIGA DE PRIMAVERA 2008.
1) A competición será por equipos compostos de tres xogadores máis
suplentes. A un ritmo de 20 minutos por xogador.
2) Valorarase o resultado do enfrontamento de xeito global e non por
taboleiros. De xeito que se un equipo gaña se lle concederá 1 punto, se
empata medio e se perde se lle darán cero puntos.
3) O desempate será a suma dos tres mellores resultados dos xogadores do
equipo nun torneo previo de partidas rápidas.
4) Segundo o número de inscritos o sistema de competición escollido será
unha Liga (se hai seis ou menos equipos inscritos nunha categoría) ou ben un
suizo por equipos.
5) As roldas e xornadas de xogo serán as seguintes:
Sábado 31 de maio: Ás 17,00 - 17,45 - 18,30 - 19,15 - 20,00
6) Premios e inscripcións.
O Torneo por equipos terá tres trofeos para os tres primeiros clasificados e
50 euros en tarxeta regalo para o equipo clasificado en primeira posición.
7) A entrega dos trofeos terá lugar ás 20,45 (ó remate da última rolda).
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://palaestra.net/pipermail/palaestragax_palaestra.net/attachments/20080529/56736bed/attachment.html
Más información sobre la lista de distribución Palaestragax