[Palaestragax] Campionato Provincial Benxamin de Xadrez
Asociación Galega de Axedrecistas
correo en agax.org
Mie Mayo 30 00:05:39 CEST 2007
O sábado 2 de xuño de 2007 terá lugar no centro comercial El Corte
Inglés, en A Coruña, o Campionato Provincial de Xadrez Benxamín da
"Competición deportiva en idade escolar", organizado polo Servizo de Deporte
de A Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas.
Participarán os equipos que se clasificaron nas fases
Intercomarcais das Zonas de A Coruña, Ferrol, Noia e Santiago da categoría
Benxamín (nados nos anos 1997/98/99), segundo se especifica a continuación:
CEIP María Barbeito "A" (A Coruña)
Círculo Ferrolá de Xadrez (Ferrol)
Escola Municipal de Riveira
CEIP Présaras (Vilasantar)
Cada equipo estará composto por 4 xogadores/as, podendo contar cun
xogador/a reserva.
O Campionato disputarase polo sistema de eliminatorias. Cada encontro
constará de 4 partidas. A orde de forza de cada equipo non poderá variarse
no transcurso do torneo. O ritmo de xogo será de 45 minutos por xogador a
finish.
_________________________________
Envío de novas dende o Punto de Información Xuvenil Brigantium da Asociación
Palaestra.
Para calquera dúbida poden contactar directamente con nos en
palaestra en palaestra.net
Grazas.
Más información sobre la lista de distribución Palaestragax