[Palaestragax] LIGA DE PRIMAVERA DE XADREZ 2007

Asociación Galega de Axedrecistas correo en agax.org
Vie Mayo 11 01:45:01 CEST 2007


Organiza: Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia.
Patrocina: El Corte Inglés

BASES DE COMPETICION.
A Liga de Primavera de Xadrez é unha competición promovida pola Asociación 
de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (federación de entidades de 
ámbito galego).

BASES DA LIGA DE PRIMAVERA 2007.

1) A competición será por equipos compostos de tres xogadores máis 
suplentes. A un ritmo de 20 minutos por xogador.

2) Valorarase o resultado do enfrontamento de xeito global e non por 
taboleiros. De xeito que se un equipo gaña se lle concederá 1 punto, se 
empata medio e se perde se lle darán cero puntos.

3) O desempate será a suma dos tres mellores resultados dos xogadores do 
equipo nun torneo previo de partidas rápidas.

4) Segundo o número de inscritos o sistema de competición escollido será 
unha Liga (se hai seis ou menos equipos inscritos nunha categoría) ou ben un 
suizo por equipos.

5) As roldas e xornadas de xogo serán as seguintes:
Sábado 12 de maio: Torneo Previo de Rápidas (ás 17,30 - 17,45 - 18,00 - 
18,15 - 18,30 - 18,45)
Sábado 19 de maio: Torneo por equipos (ás 17,00 - 17,45 - 18,30 - 19,15 - 
20,00)

6) Premios e inscripcións.
No Torneo individual establécese unha cota de 1 euro por xogador (0,5 socios 
de AGAX). No Torneo por equipos non se cobrará cota ningunha.
O Torneo individual terá como premio para o primeiro clasificado un trofeo e 
a suma das inscripcións en Tarxeta Regalo de El Corte Inglés.
O Torneo por equipos terá tres trofeos para os tres primeiros clasificados e 
50 euros en traxeta regalo para o equipo clasificado en primeira posición.

7) A entrega dos trofeos terá lugar o sábado 19 ás 20,45 (ó remate da última 
rolda).





Más información sobre la lista de distribución Palaestragax