[Palaestragax] XVII Torneo Universitario de Xadrez
palaestra en palaestra.net
palaestra en palaestra.net
Sab Feb 24 17:58:53 CET 2007
XVII TORNEO UNIVERSITARIO DE XADREZ
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
O vindeiro martes día 27 escomeza o XVII Torneo de Xadrez da
Universidade da Coruña.
Os interesados, que deberán ser estudantes, profesores ou PAS da
Universidade da Coruña, poden apuntarse no Pabillón de Deportes da
Universidade no Campus de Elviña o luns 26, no correo electrónico
correo en agax.org ou no teléfono 608084705.
A proba disputarase de martes a venres na Sala de Ámbito Cultural de
El Corte Inglés en horario de 19,30 en adiante xogándose unha rolda
diaria a un ritmo dunha hora por xogador. A quinta e última rolda será
o luns da semana seguinte no mesmo horario pero no Pabillón de
Deportes da Universidade.
O torneo serve para determinar o equipo representativo da Universidade
nos Campionatos de España.
Grazas por diundir este evento.
Más información sobre la lista de distribución Palaestragax