[Palaestragax] Match Coruña - Porto

correo en agax.org correo en agax.org
Mar Sep 5 20:39:35 CEST 2006


A Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) e a Asociación de Xadrez do Porto (AXP) chegaron hoxe finalmente a un acordo para a celebración dun match entre xogadores de A Coruña e Porto.

Tras varios meses decidindo o sistema chegouse hoxe finalmente á decisión de facer equipos de vinte xogadores. Cada equipo terá 4 xogadores sub 12, 4 sub 14, 4 sub 16, 4 sub 18 e 4 universitarios.

O encontro realizarase anualmente alternando as cidades se do evento. Para a primeira ocasión será A Coruña a cidade que acolla o enfrontamento, sendo a data escollida a do 7 de outubro, día da Virxe do Rosario, patrona da cidade que se atopa no colexio Dominicos, que ademáis ten tamén o segundo club de xadrez máis antigo da cidade, xa que en outubro chega o seu XXIII aniversario.

Iremos informando de como se creará o equipo representativo da Coruña, no que se agarda contar coa axuda de diferentes clubes, e das actividades previstas.

Asociación Galega de Axedrecistas.
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: /pipermail/palaestragax_palaestra.net/attachments/20060905/e1411e81/attachment.html 


Más información sobre la lista de distribución Palaestragax