[Palaestragax] Actividades de xadrez
correo@agax.org
correo en agax.org
Lun Nov 21 01:33:26 CET 2005
Saudos.
Novas dende o PIX Brigantium.
Xadrez.
--- LIGA DE OUTONO DE XADREZ NA CORUÑA
O pasado sábado deu comezo a fase coruñesa da Liga de Outono de Xadrez que organiza a Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia coa colaboura de El Corte Ingles. O Sigrás rematou esta primeira xornada como lider tras lograr 7,5 dos 8 posibles. En segundo lugar situase o Arteixo con 4 puntos de 4 posibles. Cos resultados das dúas primeiras roldas todo quedará pendente do que aconteza o vindeiro sábado.
--- LIGA DE OUTONO DE XADREZ EN SANTIAGO E VIGO
Por outra banda as outras sés desta competición aínda non deron comezo. En Santiago a organización propuso como datas os sábados 26 de novembro e 3 de decembro. En Vigo prtenden facer a competición nun só día en sesión de mañán e tarde.
--- TORNEO GALAICODURIENSE
O Torneo que enfronta a universiades galegas e portuguesas xogarase o martes, mércores e xoves. Mañán a organización adiantará o calendario previsto que en principio recollerá sesións de xogo o martes tarde, o mércores todo o día e o xoves pola mañán.
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://palaestra.net/pipermail/palaestragax_palaestra.net/attachments/20051121/07edeff5/attachment.htm
Más información sobre la lista de distribución Palaestragax