[Palaestragax] LIGA DE OUTONO DE XADREZ NA CORUÑA

AGAX correo en agax.org
Jue Nov 11 02:14:56 CET 2004


Saúdos:

Tal como xa anunciaramos, existían diferentes problemas para xogar a Liga de Outono na sé normal (El Corte Inglés) xa que empezaron as obras no centro comercial.
Despois de mirar opcións, pareceunos o sitio ideal o Hotel Barceló Coruña.
Todos os equipos dispostos a participar nesta Liga de Outono deben saber:
1.- Os enfrontamentos serán a 4 taboleiros, con partidas a 45 minutos por xogador.
2.- Os días e roldas de xogo son os sábados 13 e o 20 deste mes de novembro ás 17,30, 19,00 e 20,30 horas no Hotel Barceló de A Coruña.
3.- Os tres primeiros equipos recibirán un trofeo como agasallo.
4.- Tódolos xogadores que participen na o día 20 recibirán un recordo da asociación convocante.
5.- O primeiro clube clasificado terá como premio unha tarxeta regalo de El Corte Inglés de 60 euros.
6.- Este equipo poderá asisitir á final á catro, na que os premios son de 300, 240, 150 e 90 euros en tarxeta regalo de El Corte Inglés..
7.- A final a catro disputarase o sábado 27.

A Escola Provincial organiza a fase de Vigo e Fernando Sánchez, do CDU, a de Santiago. 
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: /pipermail/palaestragax_palaestra.net/attachments/20041111/992d0cbc/attachment.htm


Más información sobre la lista de distribución Palaestragax