| Historia do equipo. | O Equipo en 2004 | |
|
O equipo Panteras naceu en 1988. Palaestra impulsou a creación da Federación Galega de Béisbol, entidade á que respaldou económicamente nos seus primeiros meses de existencia. Nos tres primeiros anos a Federación foi xestionada por membros de Palaestra e creceu ata chegar a contar con dezaseis equipos preinscritos na Liga Galega. O equipo recibiu naquela época diferentes premios entre eles o de mellor club provincial, cuio importe económico foi repartido entre os demáis clubes por decisión dos membros de Panteras. O Panteras foi o primeiro equipo galego en participar nunha competición nacional dende a creación da Federación Galega, o fará no Campionato de España Xuvenil en Pamplona en 1992 e repetindo en Barcelona en 1993. Dende 1996 o equipo reorganizase prácticamente na súa totalidade cun proxecto a longo prazo. |
|
O espacio web da sociedade permite, dende o ano pasado un maior seguimento do acontecer na competición do equipo de béisbol. Aquí podes atopar os datos máis salientables da competición. Incluiremos neste espacio as estatísticas actualizadas do equipo. |
| ...máis | ||
| O plantel. | Adestramentos | |
|
Nestes anos de esistencia polo equipo pasou moita xente. Algúns dos primeiros xogadores compiten agora na Universidade (que durante varios anos foi o equipo filial) e outros seguen no noso equipo. No apartado do seguimento da Liga podes ver as estatísticas actuais. |
O equipo senior adestra de cando en vez, especialmente os domingos no campo de Mondego (Sada). Podes chamar ó 654 203 716. |
|