Partido: Panteras - Rookies, xogado en A Coruña o 20 de xuño de 2004.

2º Partido do ano.

Campo de A Torre - terra.

Árbitro: Roberto Feijo

Anotador: Ernesto Pérez.

Rookies 5 2 6 6 19
Panteras 2 5 0 - 7

Comentarios Xerais:

Con este partido Panteras retomaba a competición amistosa tras dous meses.

Baixo unha intensa choiva o equipo deu un mal espectáculo na estrea como adestrador de Hector Reinaldo.

A terceira entrada escomezaba con empate a sete carreiras o que da idea do nivel de xogo.

Aínda que faltaban moitos dos xogadores habituais de Panteras, o resultado foi absolutamente negativo.

O partido foi en parte unha reedición do acontecido no partido anterior en Vilagarcía, polo que parece seguro que hai que afrontar unha remodelación do equipo.

No bateo estívose bastante verde e ademais as ERAS dos lanzadores, melloradas no partido anterior, afundíanse.


Fai os teus comentarios no Foro da páxina, premendo aquí.