Partido: Panteras - Druidas, xogado en Acea de Ama o 23 de marzo de 2003.

7º Partido da Liga Xunta de Galicia.

Campo ben.

Árbitros: Juan Luis e Modesto

Anotador: Fran

Druidas 2 0 0 1 3 4 0 2 12
Panteras 0 0 2 0 0 0 0 0 2

Comentarios Xerais:

O partido de volta contra o Druidas podería ter sido unha oportunidade para acadar unha victoria. En principio os números din que non son un equipo demasiado potente e ademáis contra Panteras non presentaban ó seu mellor plantel. Aínda que Reinaldo estivo bastante acertado o equipo non acompañou nin en defensa nin en ataque. Os erros foron sumando e así non hai xeito de gañar nada de nada.

Comentarios Individualizados dalgúns dos xogadores (o mellor en branco e o pior en negro):

Ángel Martínez

O arxentino repite como mellor consecutivamente. A súa defensa subiu ata un .600 e no ataque pasou a un .222 de bateo e a un .461 de consecución de base (o segundo do equipo). Unha liña ascendente que xa veremos onde para.

Alfonso Fernández

A actuación do presidente seguiu a dos últimos partidos e parece querer alonxarse do .300 de bateo. Mellorou os números en defensa pero pouco máis. Houbo unha xogada na que saiu a cubrir primeira con xente en bases.

Héctor López

Sen dar moito a nota o adestrador consolidou a súa primeira posición no bateo do equipo cun .375 abrindo unha fenda de case 100 puntos co seguinte. En defensa colocouse cun .888 tan só por detrás de Alfonso. Segue liderando a chegada a base.

Josmar Pérez

Debe caerlle ben ó anotador porque non foi o seu día en defensa e só lle colocaron un erro. Aínda que non fixo un partido especialmente brillante segue a ocupar a segunda praza do equipo en bateo cun .280.

Hendrick Becerra

Hendrick aportou máis neste partido que en precedentes e segue na parte alta do bateo cun .250. O seu punto malo que está na defensa case chega xa á media do equipo que é .785.

Jorge Iglesias

A segunda participación de Espi nun partido esta Liga non foi precisamente exitosa. Unha base por bolas salvou a súa participación no ataque e tivo un erro na súa única xogada defensiva.

Carlos Fernández

Mal partido para Carlos, que salvo una base por bola pouco máis logrou no ataque e a defensa pechouna cun 50%; dous  erros cantosos e duas asistencias. Era a primeira vez que xogaba en terceira.

Reinaldo González

A actuación como lanzador foi bastante boa pero o equipo non lle axudou a superar o partido. Agora mesmo a súa ERA está por embaixo de dez. En ataque segue a ser o pior en chegada a base pese ó seu hit.

Jacobo López.

Aínda que pareceu recuperar algo de potencia ó bate, conseguiu un doble pero nada máis. O pior foi en defensa xa que tivo tres erros. Protagonizou unha das xogadas tontas do partido ó avanzar á segunda con bases cheas.

Árbitros e anotador:

Juan Luis foi o árbitro principal. Segunda vez que nos arbitraba na temporada. ten unha zona bastante irregular que parece estar determinada máis polo receptor que polo bateador. 

Modesto estivo en bases e non hai xogadas que comentar. 

O anotador foi Francisco quen parece ter preferencia por algún xogador (Pepe) a quen lle colocou só un erro en defensa.


Fai os teus comentarios no Foro da páxina, premendo aquí.