Héctor López

Pertence a Panteras dende 1996 e foi quen propuso a nova etapa deste equipo.

Está vinculado a Palaestra dende 1995 cando foi nomeado secretario da sección de xadrez. En 1996 convertiuse en presidente da rama de deportes e pouco despois tamén en Secretario Xeral da S. C. D. Palaestra.

Xoga de medio, primeira base e lanzador.

Na Liga de 2000 xogou con Universidade e foi o seu medio titular, logrando con este equipo o título de campión da Liga Galega. A finais desa temporada rompeu a tibia e o peroné o que lle impediu xogar amistosos co Panteras.

Nomeado adestrador na Liga 2003, deixou o cargo a final dese ano, no que tamén conseguiu ser o mellor bateador do equipo.

Estadísticas do xogador con Panteras.

Ano Bat. Def.   Ano Bat. Def.
1997 .333 .437   2001 .279 .679
1998 .380 .611   2002 .318 .741
1999 .580 .777   2003 .326 .841
2000