Actuación do Hercle - Universitarios. Liga Galega de Xadrez 2004

O Equipo. Finalizada a Liga. As vindeiras actividades.

O equipo formouse para esta competición e xoga baixo a denominación de "Hercle - Universitarios".

Os xogadores teñen procedencias variadas e conforman un equipo de calidade, con opcións serias a subir de categoría.

1.- Alexandre Toba

2.- Angel de Blas

3.- Manuel Ramas

4.- Miguel Cruces

5.- Juan Capelán

6.- Manuel Martín

7.- Francisco Capelán

 

Finalizada a Liga o equipo quedou na metade da táboa por puntuación pero a serie de incomparecencias farán que ó restarlle ós puntos, aparezca logo na parte baixa da táboa.

En calquera caso foi unha primeira experiencia na competición para moitos do equipo e a primeira intervención federada do equipo da Asociación Hercle, polo que o resultado non é malo.

Algún dos xogadores do Hercle participa nos diferentes torneos universitarios individuais e ademáis seguramente se xogue algunha competición amigable.

Despois do verán decidirase se continuar coa experiencia ou non, xa que a Liga tamén resultou bastante larga e con problemas para xuntar ós catro participantes.