| Hercle. | Xadrez. | Béisbol. |
|
A Asociación Cultural Hercle botou a andar nos últimos meses de 1988. Constituída coma unha entidade de ámbito galego. Activa durante seis anos especialmente no ámbeto universitario foi apagándose lentamente ata que no 2002 retoma de novo a actividade. Ten un acordo de colaboración ca S. C. D. Palaestra e o seu ámbito de actuación céntrase hoxe nas actividades deportivas, complementándose cas de Palaestra nos campos de xadrez e béisbol. |
O xadrez retorna á entidade ca afilización dun equipo na Liga Galega de Xadrez; o Hercle-Universitarios, que representa á asociación pero tamén á Universidade da Coruña. |
A entidade foi unha das creadoras da Federación Galega de Béisbol e máis tarde crearía a sección deste deporte na Universidade da Coruña. Hoxe mantén diferentes actividades de promoción. |
| Liga 2004 | ||