| O CIDU. | Competición. | |||
|
O Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU) naceu en 1994 como consecuencia de que entón a Universidade non permitía xogar a ex-alumnos nos seus equipos federados de xadrez. Por este motivo os que nesa época formaban o conxunto da Universidade crearon esta entidade que permitiría facer unha planificación a longo prazo. En moi pouco tempo o conxunto subiu dende a terceira á primeira división e converteuse nun dos equipos máis fortes de A Coruña. Pouco a pouco os xogadores iniciais foron deixando de xogar ó xadrez - salvo honrosas excepcións - e o equipo foi baixando de nivel ata regresar a terceira, onde soe estar entre os primeiros. Dende 2004 representa de novo oficialmente á Universidade da Coruña. |
|
O equipo xoga na Terceira División e despois de xogar varios anos no colexio Maristas, sé do equipo de xadrez de Palaestra, en 2004 pasou a súa sé ó Hotel Ciudad de La Coruña, xogando as súas partidas como CIDU-Universidade. Podes ver aquí o seguemento das competicións. |
||
| Liga 2004 | Liga 2005 | Actualidade | ||
| Maratón. | Representatividade. | |||
|
O CIDU é moi coñecido pola organización de torneos, sendo o máis salientable deles o Torneo Maratón - 24 horas de xadrez que comezou a disputarse en 1995 no Hotel Ciudad de La Coruña. Hoxe este hotel tamén acolle ás veces as partidas da Liga Federada. |
O CIDU é dende hai varios anos membro da Asemblea Xeral da Federación Galega de Xadrez e da súa Comisión Delegada (ambos postos renovados varias veces). De feito é a entidade coruñesa que máis tempo leva presente nos órganos de goberno da Federación de Xadrez. |
|||