A Arte da Guerra.


Sun Tzu - A Arte da Guerra.

Filósofo que se tornou xeneral. O seu nome individual era Wu, naceu no Estado de Ch'i, China sobre o 500 a.C. nunha época de auxe das ciencias militares e lexislativas daquel país. Sun Tzu escribiu a "Arte da Guerra". Nel son discutidos todos os aspectos da guerra - tácticos, xerárquicos e humanos, entre outros - nunha linguaxe tan poética como didáctica.

Como en "O Príncipe", de Maquiavelo, o libro de Sun Tzu, pode, da mesma forma, mostrar o camiño da vitoria en todas as clases de conflitos comerciais comúns, batallas en salas de xuntas e na loita pola supervivencia, que todos enfrontamos.
Son todas elas formas de guerra e todas combátense sobre as mesmas regras.


Capitulo I – Estimativa

 

Sun Tzu di:

 

            A guerra é un dos asuntos mais importantes do Estado. É o campo onde, a vida e a morte son determinadas. É o camiño da supervivencia ou da desgraza dun Estado. Así, o Estado debe examinar con moita atención este asunto antes de buscar a guerra.

 

Resultado dUNHA guerra

 

Para preverse o resultado dunha guerra, debemos analizar e comparar as nosas propias condicións e as do inimigo, baseados en cinco factores.

 

Os cinco factores son os seguintes: camiño, clima, terreo, comando e doutrina.

 

O camiño é o que fai con que as ideas do pobo estean de acordo coas dos seus gobernantes. Así as persoas irán compartir o medo e a aflición da guerra, e porén, estarán ao lado dos intereses do estado, calquera que sexa o camiño escollido.

 

O clima significa día e noite, frío e calor e a sucesión das estacións. 

 

O terreo indica as condicións da natureza: se o campo de batalla está preto ou lonxe, se é estratexicamente fácil ou difícil, se é amplo ou estreito, e se as condicións son favorables ou desfavorables á oportunidade de supervivencia.

 

O comando refírese ás virtudes do comandante: intelixencia, probidade, benevolencia, coraxe e severidade.

 

A doutrina di respecto á organización eficiente, á existencia dunha cadea de comando ríxida e a unha estrutura de apoio loxístico.

 

Quen conduce aos soldados para a batalla debe estar familiarizado con estes cinco factores. Quen os comprende pode alcanzar a vitoria. Quen non os comprende será derrotado.

 

Poder relativo entre as forZas

 

            Para comparar as forzas e avaliar o poder relativo entre elas, se deben realizar as seguintes preguntas:

            Cal pobo escolleu o seu camiño? 

            Cal comandante ten mais habilidade? 

            Cal dos lados ten a vantaxe do clima e do terreo?

            Cal dos exércitos manifesta unha disciplina mais efectiva? 

            Cal dos lados posúe superioridade militar? 

            Cal dos lados ten os soldados mais ben adestrados? 

            Cal dos lados posúe un sistema de recompensas e de castigos mais xusto e claro? 

 

            Se ponderarmos con sabedoría estes factores, poderemos prever o resultado dunha batalla.

 

            O comandante que leva en consideración miñas afirmacións ou estrataxemas gañará as batallas e permanecerá ao fronte das súas tropas. Se non seguir estes consellos sufrirá derrotas e será afastado.

 

DisIMULO

 

            Calquera operación militar ten no disimulo a súa calidade básica. Un xefe que é capaz debe finxir ser incapaz; se estiver pronto, debe finxirse pouco preparado; se estiver preto do inimigo debe parecer estar lonxe.

           

            Un bo xefe debe:

            Ofrecer unha isca para fascinar o inimigo que procura algunha vantaxe;

            Capturar o inimigo cando ele está en desorde;

            Prepararse contra un inimigo, se este fora poderoso.

           

            Se o inimigo:

            Fora orgulloso, provóqueo;

            Fora humilde, encoraxe a súa arrogancia;

            Estivera descansado, desgásteo;

            Estivera unido, estimule a desunión entre as súas tropas.

 

            Un comandante militar debe atacar onde o inimigo está desprevido e debe utilizar camiños que, para o inimigo, son inesperados. Para os estrategas, estas afirmacións son a chave para a vitoria. Con todo, estes factores non poden ser determinados con anticipación, xa que teñen de base as situacións que ocorreran en guerras pasadas.

 

            O xeneral debe ser capaz de ponderar todos estes cálculos previamente no templo. O lado que contara mais puntos vencerá; o que contara menos, non vencerá; peor aínda o que non contara punto ningún.

 

Capitulo II – Xestión da Guerra

      

 Sun Tzu di:

      

     Cando envíe as tropas para unha batalla, deberá considerar que necesitará de mil carros veloces de guerra e mil carros pesados de guerra, alén de cen mil soldados.

 

Provisións necesarias

      

     Vostede necesitará de moitas provisións para que esta forza cubra unha distancia de mil li (mil li = 100 km). vostede gastará, tamén, mil barras de ouro por dia para a gasto do Estado e no campo de batalla, incluíndo enviados ao exterior e conselleiros; materiais como cola e laca, carros e armaduras.

      

     Despois que vostede tivera bastante diñeiro, os seus cen mil coraxosos guerreiros poderán saír para batallar.

 

Campaña prolongada = recursos insuficientes

      

      En operacións militares, procure unha vitoria rápida. Co proseguimento das accións as armas ficarán desgastadas, as provisións insuficientes e as tropas desmoralizadas. unha batalla longa entorpece o exército, humedece o espírito e o entusiasmo dos soldados. Se vostede sitiase unha cidade fortificada terá súas forzas esgotadas. Se o seu exército for mantido moito tempo en campaña, as reservas do Estado será insuficientes.

      

     E despois, cando vostede tiver coas súas forzas desgastadas, coas súas provisións insuficientes, coas súas tropas desmoralizadas e cos seus recursos acabados, os gobernantes veciños tirará proveito desta situación e obterán vantaxe para ataca-lo. E vostede, neste caso, mesmo contando con os mais ilustres e sabios conselleiros non conseguirá garantir un bo resultado na batalla.

      

Proseguimento das accións

Provisións insuficientes

Tropas desmoralizadas

Forzas esgotadas

Ataque dos estados veciños

       

     Mesmo xa teñamos ouvido falar de campañas precipitadas e imprudentes, nós nunca tivemos un exemplo de beneficio no prolongamento das hostilidades, tampouco, ouvimos que unha guerra demorada puidese beneficiar un país.

      

     É obvio que aquel que non comprende os perigos inherentes das operacións militares non está profundamente consciente da maneira de como tirar proveito disto.

      

      Un comandante que domina a arte da guerra non convoca as súas forzas mais dunha vez, nin solicita provisións repetidamente.  El conduce o material e as provisións necesarias e fai uso das provisións do inimigo. Así, el terá o necesario para alimentar ao seu exército.

      

Custos da guerra

      

     Xeralmente, o Estado fica empobrecido cando envía ás súas tropas para emprender unha guerra en local distante. Manter un exército a unha longa distancia empobrece o pobo. Onde este exército, que está lonxe de súa terra, estiver estacionado, os prezos de artigos subirán; e o prezo alto esgotará os recursos financeiros do Estado. cando os recursos do Estado estiveran se esgotando, os impostos tenderá a aumentar para sustentar este exército que loita lonxe de súa terra.

      

     Toda a forza do estado será consumida no campo de batalla. Ao final, setenta por cento da riqueza das persoas será consumida e sesenta por cento da renda do Estado será disipada, con carros rotos cabalos fora de combate, armas perdidas, inclusive armaduras e cascos, arcos e frechas, lanzas e escudos, carrozas de provisións. Toda a forza do estado será consumida no campo de batalla.

      

Obtención das provisións

       

     Consecuentemente, un xefe sabio debese esforzar para obter as provisións no chan inimigo. O consumo dun zhong de comida do inimigo é equivalente a vinte zhong da propia terra; e o consumo dun dan de forraxe do inimigo equivale a vinte dan dos seus. 

 

Administración dos despoxos e bens capturados

            

* Se vostede quer matar o inimigo, vostede ten que espertar o odio dos seus soldados; se vostede quer obter a riqueza do inimigo, vostede ten que saber administrar a distribución dos despoxos.

 

* Se o seu exército captura dez carros en unha batalla, vostede ten que recompensar o primeiro que lle levou o carro do inimigo.

 

* Substitúa as bandeiras e estandartes do inimigo por súas propias bandeiras e mesture os carros capturados cos seus.

 

* Ao mesmo tempo, vostede deberá tratar ben aos soldados aprisionados.

      

     As operacións militares deben ser conducidas para unha vitoria rápida e non como campañas prolongadas.

     Entón, o xefe que está versado na arte de guerra, tornase o señor para determinar o destino das persoas e controlar a seguranza da nación. 

 

Capitulo III – Estrataxemas

 

Sun Tzu di:

    

     O principio xeral da guerra é: "manter o estado do inimigo intacto, dominar seu o exército e forza-lo à rendición é mellor que esmaga-lo".

      

Máximo da excelencia

    

     Dominar un batallón, unha compañía ou unha escuadra de cinco homes é mellor que destruí-los.

     Entón, obtendo cen vitorias en cen batallas non significa o máximo da excelencia. excelencia mais alta está en obterse unha vitoria e subxugar o inimigo sen, no entanto, loitar.

    

Política para as operacións militares

    

     Así, a mellor política para as operacións militares é obter a vitoria, atacando a estratexia do inimigo. A segunda mellor política é desintegrar as alianzas do inimigo por medio da diplomacia; en seguida, atacar ós seus soldados, lanzando un ataque ao inimigo; mais, a peor política é atacar violentamente cidades fortificadas e subxugar territorios.

    

* Atacar estratexias

* Atacar alianzas

* Atacar soldados

     

Ataque a cidades

    

      Debese sitiar cidades só como último recurso, porque levará  aproximadamente tres meses para construír escadas protexidas, preparar os vehículos e reunir o equipamento e armamento necesarios. Serán necesarios, despois, outros tres meses para preparar rampas de terra para alcanzar as paredes da cidade.

     Se o comandante non puidera controlar a súa propia impaciencia e dera ordes ós seus soldados para avanzar contra o muro da cidade como formigas, o resultado será que 1/3 deles será sacrificado, en canto que a cidade permanecerá intocada. De feito, aí está a calamidade en atacar cidades muradas.

     

Vencer sen loitar

    

     Un xefe que está ben instruído en operacións militares fai que o inimigo se renda sen loitar, captura as cidades do inimigo sen ataca-las violentamente e destrúe o Estado do inimigo sen operacións militares demoradas.

     O premio maior de unha vitoria é triunfar por medio de estrataxemas, sen usar as tropas.

    

Como usar as tropas

     

     Así, a lei para usar as tropas é:

    

* Cando vostede tiver unha forza dez veces superior ao inimigo, cérqueo;

      

* Se a súa forza superar en cinco veces, atáqueo;

      

* Cando vostede tiver dúas veces mais forza que o inimigo, enfrónteo polos dous lados;

      

* Se as súas forzas se equivalen, procure repartir as do inimigo;

      

* Se as súas forzas foran inferiores, sexa hábil en tomar a defensiva;

       

* Se vostede for moito mais fraco do que o inimigo, debe saber a hora de emprender unha retirada.

    

     Se o mais fraco combater sen considerar esta razón de forzas, ele será, seguramente, conquistado pelo mais forte.

    

Valor do comandante

     

     O comandante é o equilibrio da carruaxe do Estado. Se este equilibrio estiver ben colocado, a carruaxe, isto é, a nación será poderosa; se o equilibrio estiver defectuoso, a nación, certamente, será fraca.

 

O gobernante e os infortunios para seu exército

     

     O gobernante poderá traer infortunio para seu propio exército de tres modos:

    

* Primeiramente, se ordena un avance e o seu exército non pode ir adiante, ou emite ordes dunha retirada, descoñecendo que o seu exército non se pode retirar;

 

* en seguida, se interfire con a administración do exército, sen entender os negocios internos, pois isto, confundirá ós oficiais e soldados;

 

* en terceiro lugar, cando interfire con a dirección do exército sen saber os principios das estrataxemas militares, xerando dúbidas e desentendementos entre oficiais e soldados.

 

     Tendo o gobernante confundido o seu exército e perdido a confianza dos seus homes, as agresións dos estados veciños non demorará.

 

     Aí está o significado da expresión: "Lanzar a desorde e a confusión nas súas propias fileiras é ofrecer un modo seguro para a vitoria do inimigo".

    

Cal opoñente sairá vencedor?

     

     Existen cinco factores que permiten que se prevexa cal dos opoñentes sairá vencedor:

    

* Aquel que sabe cando debe ou cando non debe loitar;

 

* Aquel que sabe como adoitar a arte militar apropiada de acordo coa superioridade ou inferioridade das súas forzas fronte ao inimigo;

 

* Aquel que sabe como manter os seus superiores e subordinados unidos de acordo coas súas propostas;

 

* Aquel que está ben preparado e enfronta un inimigo desprevenido;

 

* Aquel que é un xeneral sabio e capaz, cuxo soberano non interfire.

    

     Estes son os cinco factores para se prever a vitoria.

    

     Por isto se diz:

    

* Aquel que coñece o inimigo e a si mesmo, loitará cen batallas sen perigo de derrota;

 

* Para aquel que non coñece o inimigo, mais coñece a si mesmo, as oportunidades para a vitoria ou para a derrota serán iguais;

 

* Aquel que non coñece nin o inimigo e nin a si mesmo, será derrotado en todas as batallas.

 

Capitulo IV Posicións Tácticas

 

Sun Tzu di:

 

No pasado os guerreiros capaces tornabanse, eles mesmos, invencíbles. Depois, esperabam as oportunidades para destruir ó inimigo.

 

Invencibilidade

  

Ser invencible depende da mesma persoa, derrotar ó inimigo depende dos erros do inimigo.

Entón, o lider pode tornarse invencible, mais non pode garantir como certa a vulnerabilidade do inimigo.

É por isto que se di: "a persoa pode predecir unha vitória, mais esta non pode ser forzada".

 

Ataque x Defesa

 

Cando non hai nengunha opción de vitoria, asuma unha posición defensiva, cando exista unha oportunidade de vitoria lance un ataque.

Se as condicións favorables son insuficientes, vostede deberá defender; se as condicións faborableis son abundantes, vostede deberá facer un ataque.

O especialista en defesa ocultase a si mesmo atá debaixo da terra. O especialista en ataque golpea ó inimigo como caído do ceo. Así é capaz de protexerse a si mesmo e obter a vitoria.

 

Condicións dunha vitoria

 

A previsibilidade dunha vitoria non excede ó bo sentido de persoas comúns.

 

Unha vitoria que é gañada despois dunha loita feroz, e é louvada universalmente, non é o apoxeo da excelencia. Así como o erguerse un pelo do cabelo non é sinal de forza, como ver o sol e a lua non é sinal de visión aguda, tampouco escoitar un trovador non é don de audición aguda.

Os antigos dicían que o perito na arte da guerra vencia cando a vitoria era facilmente previsible.

Así unha batalla vencida por un lider non trae reputación de sabiduría ou consideración de valentía.

As vitórias do lider son infalibles, pois este só combate cando o inimigo xá está derrotado e el, destinado a derrotalo.

Por tanto, o lider ocupa unha posición invencible e, ao mesmo tempo, está seguro de non perder nengunha oportunidade militar para derrotar ao inimigo.

Así un exército vitorioso non loitará co inimigo ata que estea seguro das condicións de vitória, encanto que, un exército derrotado inicia a batalla e espera obter vitória depois.

O lider sempre entende os princípios da guerra e adoita as políticas correctas, de xeito que a vitória estará sempre nas súas mans.

 

Elementos importantes nas regras militares

 

Hai cinco elementos importantes nas regras militares:

 

§             O primeiro é a análise do terreo;

§             O segundo é o cálculo de forza de traballo e dos recursos de material;

§             O terceiro é o cálculo da capacidade loxística;

§             O carto é unha comparación da súa popia forza militar coa do inimigo;

§             O quinto é unha previsión de vitória ou derrota.

 

Aplicación das regras militares

 

Un xeneral excelente terá a sabedoria para entender que:

 

  • Na avaliación do terreno, el debe verificar as características físicas dun campo de batalla;

 

  • O cálculo da forza de traballo e dos recursos de material, serve para as estimativas da cantidade de provisións;

 

  • A capacidade loxística debe atender as necesidades das provisións;

 

  • Na balanza do poder, un dos pesos é baseado na capacidade loxística;

 

  • A posibilidade da vitória é baseada na balanza do poder.

 

Exercito vitorioso x Exercito derrotado

 

Un exército vitorioso e como un peso de 100 quilos contra un de apenas algúns gramos, ao tempo que, un exército derrotado é como un peso de poucos gramos oposto a algunhas centenas de quilos.

O primeiro ten unha ventaxe óbvia sobre o segundo.

Un xeral que dispoña de todo aquel peso e lance ós seus homes á batalla para obter á vitória será comparado coa forza das augas represadas que se lanzan para abaixo dende unha altura de dez mil pés.

 

Capitulo IV Sobre a firmeza.

 

A forza é a enerxía acumulada ou a que se percibe. Isto é moi cambiante. Os expertos son capaces de vencer ao inimigo creando unha percepción favorable neles, así obter a vitoria sen necesidade de exercer a súa forza. Gobernar sobre moitas persoas coma se fosen pouco é unha cuestión de dividilas en grupos ou sectores: é organización. Batallar contra un gran número de tropas coma se fosen poucas é unha cuestión de demostrar a forza, símbolos e sinais.

 

Refírese a lograr unha percepción de forza e poder na oposición. No campo de batalla refírese ás formacións e bandeiras utilizadas para despregar as tropas e coordinar os seus movementos. Lograr que o exército sexa capaz de combater contra o adversario sen ser derrotado é unha cuestión de empregar métodos ortodoxos ou heterodoxos. A ortodoxia e a heterodoxia non é algo fixo, senón que se utilizan como un ciclo. Un emperador que foi un famoso guerreiro e administrador, falaba de manipular as percepcións dos adversarios sobre o que é ortodoxo e heterodoxo, e despois atacar inesperadamente, combinando ambos os métodos até convertelo nun, volvéndose así indefinible para o inimigo.

 

Que o efecto das forzas sexa como o de pedras arroxadas sobre ovos, é unha cuestión de cheo e baleiro. Cando induces aos adversarios a atacarche no teu territorio, a súa forza sempre está baleira (en desvantaxe); mentres que non compitas no que son os mellores, a túa forza sempre estará chea. Atacar co baleiro contra o cheo é como arroxar pedras sobre ovos: de seguro rompen.

 

Cando se establece unha batalla de maneira directa, a vitoria gáñase por sorpresa. O ataque directo é ortodoxo. O ataque indirecto é heterodoxo.

 

Só hai dúas clases de ataques na batalla: o extraordinario por sorpresa e o directo ordinario, pero as súas variantes son innumerables. O ortodoxo e o *heterodoxo orixínanse recíprocamente, como un círculo sen comezo nin fin; quen podería esgotalos? Cando a velocidade da auga que flúe alcanza o punto no que pode mover as pedras, esta é a forza directa. Cando a velocidade e maniobrabilidade do falcón é tal que pode atacar e matar, isto é precisión. O mesmo ocorre cos guerreiros expertos: a súa forza é rápida, a súa precisión certeira. A súa forza é como disparar unha *catapulta, a súa precisión é dar no obxectivo previsto e causar o efecto esperado.

 

A desorde chega da orde, a covardía xorde do valor, a debilidade brota da forza. Se queres finxir desorde para convencer aos teus adversarios e distraelos, primeiro tes que organizar a orde, porque só entón podes crear unha desorde artificial. Se queres finxir covardía para coñecer a estratexia dos adversarios, primeiro tes que ser extremadamente valente, porque só entón podes actuar como tímido de maneira artificial. Se queres finxir debilidade para inducir a arrogancia nos teus inimigos, primeiro has de ser extremadamente forte porque só entón podes pretender ser débil.

 

A orde e a desorde son unha cuestión de organización; a covardía é unha cuestión valentía e a de ímpeto; a forza e a debilidade son unha cuestión da formación na batalla. Cando un exército ten a forza do ímpeto (percepción), mesmo o tímido vólvese valente, cando perde a forza do ímpeto, mesmo o valente convértese en tímido.
Nada está fixado nas leis da guerra: estas desenvólvense sobre a base do ímpeto. Con astucia pódese anticipar e lograr que os adversarios se convenzan a si mesmos como proceder e moverse; axúdalles a camiñar polo camiño que lles traza. Fai moverse aos inimigos coa perspectiva do triunfo, para que caian na emboscada.

 

Os bos guerreiros buscan a efectividade na batalla a partir da forza do ímpeto (percepción) e non dependen só da forza dos seus soldados. Son capaces de escoller mellor xente, despregalos adecuadamente e deixar que a forza do ímpeto logre os seus obxectivos. Cando hai entusiasmo, convicción, orde, organización, recursos, compromiso dos soldados, tes a forza do ímpeto, e o tímido é *valeroso. Así é posible asignar aos soldados polas súas capacidades, habilidades e encomendarlle deberes e responsabilidades adecuadas. O valente pode loitar, o coidadoso pode facer de sentinela, e o intelixente pode estudar, analizar e comunicar. Cada cal é útil.

 

Facer que os soldados loiten permitindo que a forza do ímpeto faga o seu traballo é como facer rodar rocas. As rocas permanecen inmóbiles cando están nun lugar plano, pero rodan nun plano inclinado; quedan fixas cando son cadradas, pero viran se son redondas. Por tanto, cando se conduce aos homes á batalla con astucia, o impulso é como rocas redondas que se precipitan montaña abaixo: esta é a forza que produce a vitoria.
 


Visita o noso blog e participa