| O libro. | ||
|
Resalgario Antonio Reigosa Ilustracións de Santiago Gutiérrez. |
Editado por Edicións Xerais de Galicia. Depósito Legal: VG. 172-2001 |
O libro que referenciamos gañou o premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña no ano 2000. |
|
|
||
|
Resalgario é un dos fillos máis novos
do Demo Maior. Por fuxir do inferno o seu pai imponlle como castigo
marchar de peregrino a Compostela durante un ano. Disfrazado de humano,
Resalgario terá que utilizar todo o seu enxeño para saír con ben das
diversas situacións coas que se vai atopando ó longo do camiño.
Unha narración que recrea con acerto o mundo dos relatos de tradición oral. O humor e o enxeño aparecen en todo o seu esplendor nesta magnífica novela. |
|
|
|
|